O noso cole ven de elaborar unhas pegatinas, uns carteis e uns tripticos para promocionar o Camiño do Mar.
Na elaboración participaron todos os nenos e nenas do cole.
Os de 1º e 2º fixeron as pegatinas.
Traballaron moito!
Os de 3º e 4º fixeron os carteis. Traballaron conxuntamente todos e todas.
Mirade que chulos son!
Os de 5º e 6º fixeron os trípticos coa axuda de Iván Vale , o profe de música.
Todo este material foi repartido polos profesores e alumnado polos colexios, comercios, hoteis e organismos oficiais de Viveiro.
Os nenos e nenas estaban encantados de ver as cousas que eles fixeron nos escaparates de Viveiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario