mércores, 22 de xaneiro de 2020

SORPRESA! AS PAPELEIRAS

Despois dun tempo traballando xa estamos en condicións de ensinarvos o traballo que fixemos coas botellas. Xa  volo anunciei  fai uns días.
Sí...os nenos e nenas de 2º B fixeron unhas papeleiras con botellas de plástico, tamén fixemos un vídeo para amosar ao resto de compañeiros como se fan e que eles as fagan. Queda moi chulas nas clases. Probade xa veredes!!!!



 


Fixemos tamén papeleiras para levar ao mercadillo  de Nadal que se levou a cabo na Residencia de anciáns Domus Vi. Tiveron moito éxito!!

domingo, 12 de xaneiro de 2020

Semana polo clima do 23 ao 27 de setembro.

O venres 27 de setembro celebramos primeiro e segundo nivel a Semana polo Clima.
Na hora do recreo gardamos un minuto de silencio. Moitos nenos e nenas viñeron coa camiseta verde.


Tamén o alumnado de 2º B presentou o cartel que elaboraron durante a semana.


Cando rematou o minuto de silencio recolleron o lixo que atoparon polo patio e alrededores do edificio.



Para empezar ímosvos ensinar un traballo que comezamos a facer cos nenos de 2º B, e un adianto do que poderá ser. Podedes imaxinar que será?

Aló polo mes de outubro comezamos a traballar...