domingo, 8 de marzo de 2020

OS NOSOS BARRIOS

Seguindo as instruccións do libro de Ciencias Sociais da Editorial Santillana algún alumno e alumna de 2º fixo unha maqueta coa familia con material de refugallo. Moito traballaron!! Este é o resultado.











UN ENTROIDO SEN PLÁSTICOS.

No CEP Lois Tobío este curso quixemos poñer en práctica todo o que levamos aprendido sobre a eliminación dos plásticos na nosa vida diaria. Para elo, fixemos un entroido sen plásticos. Todo o que usamos para disfrazarnos foi de material de refugallo e outros materiais.
En todos os cursos traballaron moito. Mirade todo o que fixeron!

Os de 6º ían disfrazados de rúa, fixeron disfraces de paso de peóns, semáforos, repartidores, ambulancia, bombeiros, varredeiros, taxi, policia... 
























Os de 2º foron de enfermeiras e enfermeiros da Cruz Vermella. As familias elaboraron os traxes e nas clases fixemos as cofias e os gorritos asi como as cruces. Todos colaboraron.



 


Os de 1º de Protección Civil.

Cada grupo levaba a súa coreografía. Toda a comunidade escolar disfrutamos un montón.

domingo, 1 de marzo de 2020

Visita de Sogama.

O pasado 14 de outubro,  o alumnado de 4º a 6º,  do noso cole tivemos unha visita na cal aprendemos datos moi interesantes. Dúas representantes do equipo de SOGAMA  amosáronnos un vídeo e  explicáronnos un montón de cousas.
O primeiro, porque se chaman así, pois porque é unha Sociedade Galega do Medio Ambiente, que traballa cos resíduos; con esa materia inservible.
Faláronnos da importancia de: reducir o consumo, reutilizar o material e reciclalo. Posto que vivimos nuhnha sociedade cada vez máis consumista, e iso debe frearse, xa!
Tamén foi moi interesante a reciclaxe da bolsa amarela, xa que aspiran o lixo máis fino, escanean por codigos os bricks e empregan electroimán para o metal (aceiro e alumninio).
E en canto ao tratamento da bolsa negra, o que non se recicla, alimenta unha planta termoelectrica para xerar enerxía eléctrica suficiente para o 12% dos fogares galegos, aproximadamente.
E por último, repasamos os colectores que existen e que debemos botar neles, a través dun xogo:
- No azul: papel e cartón
- No amarelo: envases de plástico, latas e bricks.
- No verde iglú: botelas, frascos e tarros de vídrio.
- No colector verde xenérico: orgánicos e ateriais non recilables (pañais, servilletas...)
- No laranxa: aceite usado.
- No Minicolector de pilas:pilas.
Ademáis de aclararnos, que hai outros residuos voluminosos ou perigosos xerados no fogar, que deben ser levados ao punto limpo correspondentes.
E ainda por riba de ensinarnos tantas cousas, agasallaronnos cun folleto explicativo e un blígrafo, evidentemente reciclado.
Moitas grazas, equipo de SOGAMA.



Os nenos de 4º C traballaron co que lles ensinaron facendo unha redacción para a clase de Lingua Galega. Por certo, fixéronno moi ben.