domingo, 21 de febreiro de 2021

PREPARANDO O HORTO

 Neste trimestre imos empezar a cultivar no horto. Un grupo de mestre reunímonos unha tarde para limpialo e facer as parcelas para que cada curso poida comezar a plantar.

Vádevos preparando!










Algúns cursos, como os nenos de 2º, xa empezaron a facer un semilleiro, enseguida irán ao horto a rematar o seu traballo.






PEREGRINOS NO TOBIO?

 Pois sí amiguiños e amiguiñas ao CEP Lois Tobio, ao noso cole, hoxe foron chegando moitos  peregrinos procedentes de diferentes lugares do Camiño do Mar.

Nun ano como este, tan atípico, e que non podemos festexar todo o que nos gustaría, aínda así todos os cursos disfrazáronse de peregrinos para celebrar o entroido. 

As familias tamén axudaron nalgun cursos á realización dos traxes. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Nas clases os nenos e nenas fixeron os completementos: as cunchas, as cruces, os sombreiros. Ían moi ben amañados!

Disfrutaron un monton: fixeron fotos xunto ao mollón que representa o camiño, bailaron ao son da música no tempo de lecer e comeron postres do entroido que trouxeron da casa. 

O profe de música Ivan Vale fíxonos un vídeo. Grazas Ivan pola túa paciencia .

Pasámolo moi ben!!



Aquí vemos algúns nenos difrazándose.






 

 


 

Despos da sesión de fotos e vídeo comimos a merenda antes de baixar ao recreo. Os nenos e nenas trouxeron postres típicos do entroido, cada un o seu. Este ano non puideron compartir. Foi unha pena!!





Día da Paz. Semana de moito traballo.

 Esta semana traballamos un montón para ter todo preparado para o día da Paz.

Todos os cursos fixeron con diferentes técnicas plásticas unha palabra do cartel para formar unha frase moi bonita de Gandhi. 

"Dixo Mahama Gandhi: Non hai un  camiño cara á Paz, a Paz é o camiño."

Seguimos traballando e andando o camiño co Tobio Peregrino.

Tamén fixemos un vídeo. Grazas Ivan Suárez pola túa comprensión e paciencia para realizalo.

Mirade canto traballamos.

 




martes, 16 de febreiro de 2021

XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO.


 No  mes de decembro co motivo do Nadal os nenos e nenas de todos os cursos participaron nunha exposición que fixemos de  xoguetes con material de refugallo.

Este é o resultado. Clica na foto e terás unha sorpresa.


 



luns, 15 de febreiro de 2021

II CARREIRA SOLIDARIA.

 

O pasado 29 de xaneiro coincidindo co Día da Paz, celebramos no colexio a II Carreira Solidaria, foi un día xenial, podedes comprobalo nas fotos do enlace. Estamos moi agradecidos polo esforzo que fixestes, todos e todas correndo coas máscarillas, sodes uns campeóns. Seguimos andando o camiño.

 Tamén queremos  agradecer as familias a súa gratitude á hora de encheros carritos con toda a comida que donamos á Cruz Vermella.

Foi unha pasada!!

 

COIDAMOS O NOSO ENTORNO? RECICLAMOS?



 Neste curso como os nenos e nenas teñen que facer o tempo de lecer por zoas, no primeiro trimestre adicamonos a preparar estas, colocando colectores superchulos nas distintas partes, ademáis moitos días o alumnado saía merendar fora e precisaba colectores para todo tipo de lixo.

O curso pasado antes do confinamento os alumnos de 4º pintaron unhas rodas de amarelo, azul e verde, xuntámolas e mercamos unhas papeleiras para introducir dentro delas. Mirade que chulas quedaron! Son uns colectores perfectos!!