domingo, 18 de abril de 2021

O ALUMNADO DE 6º INVESTIGOU.

  O alumnado de 6º traballou moito para facer  este cartel informativo sobre as árbores e as plantas.

Puxéronno na entrada do cole.  Todos os nenos e nenas están encantados de aprender tanto con eles.





 

domingo, 4 de abril de 2021

UN ROBOT NA CLASE

 Hoxe un neno de 5ºC presentoulle aos nenos de 3º B un robot superchulo que el mesmo realizou. 

Quedaron abraiados! O neno chámase Hugo Rolle Veiga. Realizouno con material de reciclaxe. 

Estás feito un artista. Parabéns Hugo!

 



Mira o vídeo.

 


 

venres, 2 de abril de 2021

O ALUMNADO DE 4º NO HORTO

 Os nenos e nenas de 4º A, antes das vacacións, prepararon o terreo para á volta empezar a plantar. 

Pero que ben o fan! Da gustiño velos! 









FACEMOS SEMILLEIRO

 Os nenos e nenas de 3B fixeron un semilleiro para ir preparando a plantación que farán neste mes de abril.

Desexando estamos que empecen a brotar as plantiñas para transplantalas para a nosa parcela no horto.

 










 






Plantamos  leitugas trocadero e de roble, cenoria, rabanitos, cabacín e semillas para plantas florais: "tagetes enanos" e "zinnia de California".



 Agora a esperar que medren! Paciencia compañeiros e compañeiras!