mércores, 26 de maio de 2021

PROMOCIONANDO O CAMIÑO DO MAR.

 O noso cole ven de elaborar unhas pegatinas, uns carteis e uns tripticos para promocionar o Camiño do Mar. 

Na elaboración participaron todos  os nenos e nenas do cole. 

Os de 1º e 2º fixeron as pegatinas. 

Traballaron moito!









Os de 3º e 4º fixeron os carteis. Traballaron conxuntamente todos e todas.

Mirade que chulos son!




 













Os de 5º e 6º fixeron os trípticos coa axuda de Iván Vale , o profe de música.



 Todo este material foi repartido polos profesores e alumnado polos colexios, comercios, hoteis e organismos oficiais de Viveiro.

Os nenos e nenas estaban encantados de ver as cousas que eles fixeron nos escaparates de Viveiro. 




domingo, 23 de maio de 2021

Seguimos plantando!

 Ola compañeiros e compañeiras.

 Esta semana seguimos plantando, foron os alumnos e alumnas de 3º A que xunto coa súa titora Ada foron á súa parcela a plantar acelgas, unha sandía e algunha outra cousiña. Aproveitaron tamén para regar o dos demáis. 

Está o horto impresionante! 

Como medra a nosa plantación!






 











luns, 10 de maio de 2021

O HORTO

 Xa empezamos a plantar no horto. Tódolos cursos teñen a súa parcela e foron plantando o que quixeron.

Uns quixeron plantas e cabazas, outros leitugas, outros aromáticas, algún alcachofas, berenxenas, porros, pepinos, sandía...

Moita variedade de froitos empezará dentro de pouco a medrar no noso horto.

Preséntovos uns vídeos de cada curso. Mirade como traballaron!!

Este é o vídeo de 1º e 2º.

 

Vídeo de 3º B


 


Vídeo de 3º C


 Vídeo de 5º


 Vídeo de 6º

 

Espero que disfrutedes destes vídeos. Todos o nenos e nenas puxeron moito interese en facelo ben. Agora a esperar que dían os seus froitos.
 

sábado, 8 de maio de 2021

O ALUMNADO DE 2º EXPLOROU O UNIVERSO.

 As alumnas e alumnos de 2º fixeron os planetas. As familias colaboraron un montón. 

Mirade como traballaron!