Quén somos?

O CEP Lois Tobío está situado na beira da ría de Viveiro, na desembocadura do río Landro. Trátase pois dun entorno de gran beleza , que mira ao mar e a montaña, contemplando o voo das gaivotas e as lanchiñas dos mariñeiros que saen cada día na busca dun xornal que levar aos seus fogares.
A nosa comunidade educativa ten xa unha longa traxectoria , que se achega aos 40 anos de existencia. O alumnado procede maioritariamente do casco histórico da vila, aínda que tamén se nutre de nenos e nenas dos lugares próximos e, na actualidade, conta cun importante grupo de alumnos /as procedentes doutros países. Todo elo configura unha comunidade plural, en idades de 6 a 12 anos , que conviven e se forman no afán de chega a ser cidadáns responsables, respectuosos, curiosos, autónomos, creativos, tolerantes, entusiastas, emprendedores,...en definitiva, capaces de construir un futuro mellor para todos.


Un dos obxectivos clave do noso proxecto educativo é coidar o medio natural , a través de xestos pequenos e diarios que contribúan a logralo. Así , desde fai xa bastantes cursos , emprendemos accións para dotar ao noso patio de espazos verdes, horto escolar, xardín meteorolóxico, espazos de xogos para a diversidade , muro da paz, ...etc.


Tamén levamos a cabo moitos proxectos sobre alimentación saudable, reciclaxe e conservación do territorio.
Na actualidade, engadimos un novo proxecto que consiste en plantar cara ao plástico tan presente nas nosas vidas e que tanto perxudica á nosa contorna e , de xeito especial ,ao medio mariño. Así pois, trataremos de enseñar a reducir o consumo deste material, a reutilizalo e , na medida do posible, reciclalo.
Contamos cun alumnado vital, un profesorado responsable e unhas familias colaboradoras. A nosa sociedade non pode permitirse vivir sen valores , polo tanto intentamos transmitilos para conseguir unha educación integral e integradora , no que cada cidadán adquira o correcto desenvolvemento das competencias para a vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario