sábado, 23 de xaneiro de 2021

 Ola amiguiños e amiguiñas, principalmente os  de 1º e 2º de primaria. 

Eles tamén paticiparon na realización do conto dos seres mitolóxicos.  Fixeron o Camiño do Mar con Olláparo da Coelleira e e con Trubinco. Pero como traballastes!! Sodes uns campións!!



 


Plantamos unhas árbores...

 No primeiro  trimestre acabamos de arranxar o noso entorno. Plantamos unhas árbores para separar os campos de fútbol que é onde pasan os nenos maiores o seu tempo de lecer. Tamén coa idea de que dean unha pouca de sombra a esa zona do centro.
Viñeron os operarios do concello para axudarnos. Trouxeron unha máquina escavadora para facer os furados e o alumnado de 3º B foron axudar e sobretodo ver como o facían. Disfrutaron cos operarios e coa escavadora.