domingo, 21 de febreiro de 2021

PEREGRINOS NO TOBIO?

 Pois sí amiguiños e amiguiñas ao CEP Lois Tobio, ao noso cole, hoxe foron chegando moitos  peregrinos procedentes de diferentes lugares do Camiño do Mar.

Nun ano como este, tan atípico, e que non podemos festexar todo o que nos gustaría, aínda así todos os cursos disfrazáronse de peregrinos para celebrar o entroido. 

As familias tamén axudaron nalgun cursos á realización dos traxes. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Nas clases os nenos e nenas fixeron os completementos: as cunchas, as cruces, os sombreiros. Ían moi ben amañados!

Disfrutaron un monton: fixeron fotos xunto ao mollón que representa o camiño, bailaron ao son da música no tempo de lecer e comeron postres do entroido que trouxeron da casa. 

O profe de música Ivan Vale fíxonos un vídeo. Grazas Ivan pola túa paciencia .

Pasámolo moi ben!!



Aquí vemos algúns nenos difrazándose.






 

 


 

Despos da sesión de fotos e vídeo comimos a merenda antes de baixar ao recreo. Os nenos e nenas trouxeron postres típicos do entroido, cada un o seu. Este ano non puideron compartir. Foi unha pena!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario