No primeiro trimestre acabamos de arranxar o noso entorno. Plantamos unhas árbores para separar os campos de fútbol que é onde pasan os nenos maiores o seu tempo de lecer. Tamén coa idea de que dean unha pouca de sombra a esa zona do centro.
Viñeron os operarios do concello para axudarnos. Trouxeron unha máquina escavadora para facer os furados e o alumnado de 3º B foron axudar e sobretodo ver como o facían. Disfrutaron cos operarios e coa escavadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario