O primeiro, porque se chaman así, pois porque é unha Sociedade Galega do Medio Ambiente, que traballa cos resíduos; con esa materia inservible.
Faláronnos da importancia de: reducir o consumo, reutilizar o material e reciclalo. Posto que vivimos nuhnha sociedade cada vez máis consumista, e iso debe frearse, xa!
Tamén foi moi interesante a reciclaxe da bolsa amarela, xa que aspiran o lixo máis fino, escanean por codigos os bricks e empregan electroimán para o metal (aceiro e alumninio).
E en canto ao tratamento da bolsa negra, o que non se recicla, alimenta unha planta termoelectrica para xerar enerxía eléctrica suficiente para o 12% dos fogares galegos, aproximadamente.
E por último, repasamos os colectores que existen e que debemos botar neles, a través dun xogo:
- No azul: papel e cartón
- No amarelo: envases de plástico, latas e bricks.
- No verde iglú: botelas, frascos e tarros de vídrio.
- No colector verde xenérico: orgánicos e ateriais non recilables (pañais, servilletas...)
- No laranxa: aceite usado.
- No Minicolector de pilas:pilas.
Ademáis de aclararnos, que hai outros residuos voluminosos ou perigosos xerados no fogar, que deben ser levados ao punto limpo correspondentes.
E ainda por riba de ensinarnos tantas cousas, agasallaronnos cun folleto explicativo e un blígrafo, evidentemente reciclado.
Moitas grazas, equipo de SOGAMA.
Os nenos de 4º C traballaron co que lles ensinaron facendo unha redacción para a clase de Lingua Galega. Por certo, fixéronno moi ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario